- Periferia, de Iolanda Zúñiga. Premio Xerais 2010. Poderoso mergullo, heterodoxo e escasamente convencional, no universo das favelas paulistas, metáfora do propio mundo.
- O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro. Premio Lazarillo 2009. Unha documentada, intensa e moi solvente novela sobre os últimos pasos de Vicent Van Gogh.
- O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro. O retorno á Venecia das viaxes e descubertas asombrosas da man dun personaxe histórico revisitado con acerto.
- Todo é silencio, de Manuel Rivas. Novela-metáfora de intensas resonancias onde o narcotráfico é só un apoio para afondar nas tiranías exercidas desde o poder.
- Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras. Novo detective, atractivo argumento e outro éxito deste habilidoso e efectivo autor de novela negra.
- Obediencia, de Antón Lopo. Premio García Barros 2010. “Algo máis na ficción científica”, así titulei unha crítica e coido que aí se concentra a vontade renovadora e orixinal do autor.
- Futuro imperfecto, de Xulia Alonso. Unha das sorpresas da tempada: un percorrido autobiográfico conmovedor polas estremas da vida e da morte.
- Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes. O retorno devecido dun narrador que non defraudou, mesmo superando esixentes expectativas.
- O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre. Unha proposta narrativa suturada con moito enxeño, exhibindo un amplo abano de recursos para afondar nas incógnitas da propia condición humana.
- Un último destino, de Xosé C. Caneiro. O retorno ao espazo da vella Dalmara, poboada singularmente por eses personaxes melancólicos nun coidado exercicio de estilo.
miércoles 2 de febrero de 2011
O Top 10 da narrativa galega 2010 segundo Ramón Nicolás
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 han dicho:
Publicar un comentario en la entrada