lunes, 28 de marzo de 2011

Nace FalaRSE, a primeira web galega especializada en RSE


Un grupo de profesionais da comunicación e a xestión responsable acaba de por en marcha a web falaRSE.com, concebida como un diario dixital que busca catalizar a información acerca da Responsabilidade Social e a Sostibilidade por parte de empresas e institucións tanto de Galicia como no ámbito global. Trátase do primeiro diario online galego especializado en RSE. O proxecto pretende abordar os principais hitos e debates acerca da Responsabilidade Social desde un punto de vista estratéxico e afondar nos desafíos que se presentan para as empresas, o sector público e o terceiro sector.

Lanzamento de falaRSE nos medios:





No hay comentarios: