martes, 8 de marzo de 2011

Premio en Vigo


O Xurado do IV Premio de Relatos Mulleres Progresistas de Vigo, decidiu outorgar o 1º Premio, ao relato Bonecas, que resultou ser de Beatriz Lorenzo , o 2º Premio, ao relato Ruído Branco. que resultou ser de María Cristina Pavón Mauriz, o 3º Premio, ao relato O Carteiro, de María Xosé Castelo Lestón, quedando como mención especial o relato Miseria, de Soledad Agra Tuñas.

Este IV Premio de Relatos Mulleres Progresistas está subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

En datas próximas nun acto público, realizarase a entrega dos mesmos, conmemorando o Día Internacional da Muller, coa presenza de Dona Iolanda Veloso Ríos (Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo).

No hay comentarios: